A RFG convida aos coros e aos afeccionados ao canto a participar na interpretación de O Mesías de Haendel

venres, 4 Outubro, 2013

A Real Filharmonía de Galicia e o coro Capela Compostelana están a preparar para este Nadal a interpretación do coñecido oratorio de Haendel O Mesías. Para a ocasión pensan contar coa colaboración de todos aqueles coros amateur e afeccionados ao canto que queiran participar. Xa está aberto o prazo de inscrición para poder unirse aos ensaios coa orquestra, baixo a dirección de Paul Daniel e de Miro Moreira, director do coñecido coro santiagués Capela Compostelana. Todos os interesados poden anotarse enviando os seus datos ao enderezo de correo electrónico proxecto.mesias@actus.org.es.

 

Trátase dunha experiencia única que vai permitir que os afeccionados ao canto participen nun proxecto cultural de envergadura xunto a unha orquestra profesional como é a Filharmonía e baixo a batuta de Paul Daniel. O concerto terá lugar o 20 de decembro, no Auditorio de Galicia.

 

Non é  aprimeria vez que a orquestra organiza un concerto destas características, xa que en 2010, coa colaboración da Fundación La Caixa, interpretou xunto a coros amateurs da cidade a Misa da Coroación, de Mozart.

 

Máis información