O Programa Effesus da Unión Europea reúnese en Santiago

martes, 1 Outubro, 2013

O Consorcio de Santiago organizou durante os días 2, 3 e 4 de outubro unha das reunións do Programa Effesus “Eficiencia enerxética para a sostenibilidade dos centros históricos europeos”, que se enmarca no Séptimo Programa Marco de investigación e desenvolvemento tecnolóxico (7PM), o principal instrumento de financiación da investigación avanzada da Unión Europea. O Consorcio de Santiago é un dos 23 socios do programa, xunto con diversas institucións, universidades e empresas de toda Europa. Entre eles destaca o prestixioso centro de investigación alemán Fraunhofer. Tecnalia, o maior grupo privado de I+D+i de España, está actuando como coordinador do grupo. A cidade histórica de Santiago de Compostela, foi elixida como un dos sete casos de estudo do Programa Effesus, co obxetivo de examinar o comportamento enerxético dos edificios históricos e crear ferramentas de actuación en materia de rehabilitación que melloren a habitabilidade e establezan métodos de actuación para a sostenibilidade das cidades históricas europeas, compatibles coa preservación dos seus valores patrimoniais. As outras cidades que están a ser obxecto de estudo son Estambul, Budapest, Glasgow, Bamberg (Alemaña), Visby (Suecia) e Xénova.

Estas xornadas comezarán mañá mércores cunha recepción oficial no Museo das Peregrinacións e de Santiago. As xornadas propiamente ditas desenvolveranse durante o xoves e o venres, cando terán lugar as xornadas de traballo. Ademais, o xoves 3 de outubro, a partir das 16:15h na sede da Fundación Catedral de Santiago (Casa do Deán, rúa do Vilar) haberá dúas conferencias sobre enerxía e arquitectura tradicional gallega. Participarán un total de 34 persoas, representantes de diferentes universidades, institucións e empresas europeas.

De manerira específica, nas xornadas de traballo vaise examinar o comportamento enerxético do espazo urbano relativo ao ámbito rúa Nova e rúa do Vilar, espazos nos que o Consorcio estivo traballando, concretamente nos edificios da Casa do Deán, Casa do Cabildo, o Pazo dos Irlandeses e no Pazo de Bendaña.

As xornadas complétanse cunha visita nocturna e unha visita aos tellados da Catedral de Santiago.

O Consorcio de Santiago ademais a súa experiencia nos procesos de recuperación física e cultural da cidade histórica de Santiago, aporta o estudo titulado “Enerxía e medioambiente para a habitabilidade en Santiago de Compostela”, no que xa se adiantan algúns dos aspectos que agora se estudarán dende o seo da Unión Europea.