Agora entramos nós. Voces Ceibes e a canción protesta galega

Autor: 
Sheila Fernández Conde
Formato: 
Rústica
Año: 
2018
Características: 
323 páginas / 16 X 24 cm.

A primeira parte desta publicación está enfocada a aspectos teóricos, que son necesarios para comprender a magnitude e relevancia deste fenómeno da canción protesta. Na segunda parte relátase a historia dos cantautores galegos, así como os parámetros que definen a súa actuación e evolución histórica, recollendo os testemuños dos propios actores como Vicente Araguas, Benedicto García Villar, Guillermo Rojo, Bibiano Morón, Miro Casabella, Xavier González del Valle ou Xerardo Moscoso.

ISBN: 
978-84-16954-67-4