O Consorcio de Santiago realizará labores de conservación preventiva na Casa do Cabido

Casa do Cabido
mércores, 16 Outubro, 2024

O Consorcio de Santiago publicou na Plataforma de Contratación do Estado o contrato para realizar unha intervención na Casa do Cabido, en concreto para levar a cabo obras de mantemento ordinario e preventivo na cornixa e peineta deste inmoble de gran valor histórico, artístico e arquitectónico da cidade de Santiago de Compostela.

 

A obra, que seguirá os mesmos criterios e materiais da restauración integral de 2011, terá un valor estimado de 59.709,66€ e o prazo de execución será de dous meses. As empresas interesadas na oferta terán ata o 31 de outubro de 2024 para presentarse.

 

Esta intervención ten como obxectivo evitar o deterioro ocasionado polas condicións climatolóxicas propias da cidade de Santiago de Compostela. A conservación do patrimonio santiagués foi sempre un dos intereses prioritarios da acción cultural do Consorcio de Santiago, e a Casa do Cabido é un edificio monumental protexido baixo o Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. Deseñada por Clemente Fernández Sarela en 1758, trátase duns dos máis fermosos exemplos de arquitectura barroca de Galicia.

 

O coidado no noso legado artístico e de vital importancia para a cidade, e o Consorcio de Santiago emprende estas accións obxectivas de restauración para que as xeracións futuras poidan tamén gozar del.

 

Máis información en:  https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/04_Sj9CPykssy0xPLMnMz0vMAfIjU1JTC3Iy87KtUlJLEnNyUuNzMpMzSxKTgQr0w_Wj9KMyU1zLcvQjgy1LSwqqPL2KygsdHX3NfQyMs30tHG1t9Qtycx0BndGLBA!!/