Rehabilitación de monumentos 2018

Pazo de Raxoi


Proyecto: mellora da eficiencia enerxética das fachadas do patio oeste do Pazo de Raxoi

Intervención: o mal estado das carpinterías e rexuntados da pedra favorecía a perda de calor e a permanente humidade no interior das estancias, de modo que se renovaron as carpinterías e se saneou a fachada. Tamén se sanearon as reixerías existentes nas ventás dos balcóns e nas numerosas ventás que dan ao patio. Ademais, impermeabilizouse a terraza, que presentaba graves problemas de filtración de pluviais.


     


Auditorio de Galicia


Proxecto: reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia 

Intervención: buscábase a eliminación das humidades procedentes das cubertas do edificio, xunto á revisión e mellora do sistema de recollida de augas pluviais. Os problemas derivados da baixa pendente das cubertas e dos canlóns provocaba goteiras incontrolables nos días de chuvia con vento. Especialmente incisivo era o caso das cubertas correspondentes ao vestíbulo de acceso (zona de venda de billetes), ao distribuidor e ao corredor da sala circular, que filtraban a auga.


        


Igrexa de Santa María de Marrozos


Proxecto: intervención na cuberta e nas fachadas da igrexa de Santa María de Marrozos

Intervenciónas actuacións na cuberta centraranse na mellora da súa estanquidade. Levarase a cabo unha revisión e limpeza do sistema de canlóns e baixantes así como da súa conexión á rede local de condución de auga. Limparanse os paramentos exteriores da nave e aplicarase pintura mineral. Levantarase a grava perimetral da gabia de drenaxe existente que conecta as canalizacións de pluviais e revisarase todo o sistema asegurando que a evacuación das augas se produce correctamente fóra do recinto. No interior da igrexa levantarase o pavimento de madeira no encontro cos muros e renovarase a varanda da escaleira de acceso ao coro.

 

 


Capela do Cristo de Santa María de Conxo


Proxecto: mellora do sistema de ventilación e limpeza do lousado da capela do Cristo de Conxo

Intervención: co fin de eliminar o escurecemento húmido que afecta o lousado granítico da capela, empregarase un método de desalación por bacterias. Ademais, instalarase un novo sistema de apertura nas ventás que favoreza a ventilación natural.


     


Igrexa de Santo André de Barciela


Proxecto: intervención na cuberta e nas fachadas da igrexa de Santo André de Barciela

Intervención: na cuberta substituíuse a cubrición de tella por outra nova de características semellantes á existente. Nas fachadas exteriores do edificio aplicouse unha pintura acrílica microporosa, transpirable ao vapor de auga. E ante a afectación pola couza dos retablos, procedeuse á súa interceptación e eliminación, antes de que comezasen a afectar á estrutura de madeira do inmoble.


    


Convento do Carme


Proxectolimpeza e restauración do balcón do claustro do Convento do Carme

Intervencióno balcón do claustro do Convento da Carme presentaba un avanzado estado de deterioración na súa estrutura portante, moi oxidada debido á acción da choiva, que se deposita na superficie horizontal de pedra e fíltrase, afectando á estrutura metálica que a sustenta. Restauráronse os elementos de forxa e substituíronse os compoñentes de aceiro en mal estado de conservación. Para isto foi necesario levantar o pavimento de pedra, que logo se recolocou na mesma posición.



Capela de San Roque


Proxecto: labores de conservación e restauración do cortaventos da capela de San Roque

Intervencióno cortaventos de madeira da porta principal da capela de San Roque foi deseñado polo arquitecto Domingo de Andrade e noutra época formou parte das portas do cruceiro da catedral. É unha peza singular pola riqueza da súa talla e única pola súa cronoloxía e autoría. Vanse recuperar os seus elementos ornamentais e ferraxes en mal estado. Preténdese eliminar a capa de verniz existente de cara a restablecer a policromía orixinal. Aplicarase ademais un tratamento antixilófagos.


      


Capela de Nosa Señora da Pastoriza


Proxecto: labores de conservación e restauración do retablo da capela da Nosa Señora da Pastoriza

Intervencióno conxunto someterase a un tratamento para facer fronte aos ataques de xilófagos e previr que se reproduzan no futuro. Consolidaranse as superficies atacadas de podremia e as que afecten ao soporte. Restituiranse os volumes e molduras perdidos. E tamén se restaurarán os elementos metálicos de que consta a estrutura do retablo, ao tempo que se reparará a mesma. Levarase a cabo unha limpeza xeral das superficies. En canto á cor, en función dun estudo previo, poderíase chegar á eliminación do repinte actual, co fin de reintegrar cromaticamente toda a superficie.


              



Igrexa de Santa Cristina de Fecha


Proxecto: obras de conservación da igrexa de Santa Cristina de Fecha

Intervención: a actuación centrouse no tellado, nas fachadas, na torre do campanario e no coro. Saneáronse as fachadas e a torre do campanario. Substituíronse as tellas da cuberta. Amañouse a baranda do coro, que presentaba problemas de mantemento e estabilidade, polo que se procedeu á súa reparación e reforzo.


        



Igrexa de San Pedro de Busto


Proxecto: obras de conservación da igrexa de San Pedro de Busto

Intervención: a actuación centrouse no tellado, nas fachadas e na casa reitoral. Saneáronse as fachadas e a torre do campanario. Substituíronse as tellas da cuberta. E no edificio da casa reitoral a fábrica de pedra da esquina sueste estaba desmontada polo efecto do vandalismo, de xeito que se reconstruíu para recuperar o seu estado orixinal.